©JRS Líbano
©JRS Líbano
As dinámicas do conflito persisten en Colombia, afectando gravemente aos colectivos en situación de maior vulnerabilidade, como é o caso das comunidades étnicas en Buenaventura e noutros municipios do Val do Cauca, que se viron obrigadas a desprazarse forzosamente debido ao conflito.
A raíz do resurdimento do conflito armado interno en 2022, hai presenza de grupos armados na zona, expandindo o seu control territorial en áreas rurais e urbanas e provocando desprazamentos, confinamentos, restricións de mobilidade e necesidades de seguridade alimentaria, asistencia sanitaria e protección.
©FE Y ALEGRÍA COLOMBIA
©FE Y ALEGRÍA COLOMBIA
©FE Y ALEGRÍA COLOMBIA
Xunto ao Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS), traballamos en distintas liñas:
Desde que comezou a guerra en Ucraína, máis de 14 millóns de persoas víronse obrigadas a abandonar os seus fogares. Máis de 6 millóns buscaron refuxio noutros países europeos.
©CONCORDIA MOLDOVA
©JRS RUMANIA
©JRS RUMANIA
Neste contexto de crise humanitaria prolongada, acompañamos, xunto ao JRS, a máis de 120.000 persoas desprazadas en situación de vulnerabilidade. A nosa resposta foi integral, proporcionando 612.606 servizos individuais que inclúen axuda humanitaria de emerxencia, aloxamento, apoio psicosocial, educación e integración social e laboral.
Grazas ao apoio de miles de persoas, continuamos traballando para seguir ao carón de quen máis o necesita, para poder ampliar o noso acompañamento.
O recente conflito no Líbano xerou un desprazamento masivo de máis de 1.200.000 persoas, tanto dentro do país como cara a outros países como Siria.
©CARMEN MORENO
©IVÁN BENÍTEZ
©IVÁN BENÍTEZ
Xunto ao JRS Líbano, estamos a traballar nas seguintes liñas de acción para atender ás persoas máis afectadas:
Ademais, continuamos co traballo que levamos a cabo no país desde hai máis de dez anos, centrado na educación, atención psicosocial, aloxamento e medios de vida, atendendo a miles de persoas tanto libanesas como refuxiadas doutras nacionalidades.
Durante a guerra no Líbano, establecemos, xunto ao JRS Siria, un centro en Homs para ofrecer apoio ás persoas desprazadas forzosamente. Chegaron grupos de persoas procedentes do norte do país, así como do Líbano, o que supuxo un aumento da presión sobre a vivenda. As tensións entre os diferentes grupos non deixaron de medrar e o incremento da violencia é preocupante.
©JRS SIRIA
©JRS SIRIA
©JRS SIRIA
Ante esta situación, continuamos traballando en:
Desde o pasado mes de xaneiro, a crise humanitaria de longa duración na República Democrática do Congo alcanzou niveis dramáticos. Os combates desprazaron a máis de dous millóns de persoas dos seus fogares, expondo a miles de persoas dos arredores de Goma (provincia de Kivu Norte) á acción de diversas milicias. A poboación enfróntase á falta de subministración de bens básicos como auga, alimentos e electricidade.
As nenas e mulleres están sufrindo de forma desproporcionada a violencia do conflito, quedando expostas a violacións grupais e outros abusos e violencias.
Se non se controlan os enfrontamentos, os combates poderían estenderse por toda a rexión dos Grandes Lagos.
©BÁRBARA GIL
©BÁRBARA GIL
©BÁRBARA GIL
Xunto á nosa aliada JRS R. D. do Congo estamos a traballar para:
Kenia é un dos principais países de destino para as persoas refuxiadas que foxen dos conflitos nos seus países de orixe como Sudán do Sur, Somalia, Etiopía ou a R. D. do Congo.
O campo de refuxiados de Kakuma, que acolle a máis de 292.000 persoas, xurdiu como un lugar de tránsito, pero converteuse nunha comunidade permanente para moitas familias que levan décadas vivindo alí.
©NATALIA SEPÚLVEDA
©PAULA CASADO
©NATALIA SEPÚLVEDA
Xunto ao JRS, co apoio de ECHO, traballamos en Kakuma desde hai máis dunha década para garantir que nenos, nenas e mozos desprazados pola violencia nos seus países de orixe poidan acceder a unha educación segura e de calidade. Enfocámonos en:
©PAULA CASADO