A infancia NON SE ATACA,
protéxese.

Os ataques contra a infancia van en aumento.

Cada día, 78 nenos e nenas son vítimas da guerra.
Na última década, o número de nenos e nenas afectados por conflitos aumentou un 60%. Hoxe son 473 millóns.

 

Na guerra, a infancia perde a súa escola, o seu fogar, a súa familia. E aprende demasiado cedo o que é o medo.

O teu apoio é CLAVE.

A infancia necesita protección. Necesita paz

Cando estala unha crise, a prioridade debe ser a protección da infancia.

E a educación é clave porque garante o seu benestar emocional e ofrece seguridade, resiliencia e esperanza.

 

En Entreculturas e Alboan traballamos en lugares de gran complexidade como Líbano, Sudán ou Ucraína, defendendo o dereito á educación de nenos, nenas e adolescentes afectados pola guerra. A través da escola, logramos que recuperen a seguridade, sanen as súas feridas e ofrecerlles a oportunidade de medrar en espazos seguros.

Escolas atacadas

De media, rexístranse 8 ataques á educación ou casos de uso militar de edificios escolares cada día no mundo.

 

  • En Palestina (Gaza): máis do 85% das escolas foron danadas ou destruídas
  • En Ucraína: en todo o país, 3.600 escolas foron atacadas e 400 quedaron totalmente destruídas
  • En Sudán: o uso militar das escolas paralizou o sistema educativo en gran parte do país
Xuntos seguiremos defendendo os dereitos dos nenos máis vulnerables.

©JRS Colombia / SUDÁN ©Paula Casado / Líbano ©Carmen Moreno  / La educación salva vidas ©Yannick Ruhimbasa / RD dO Congo ©Irene Galera / Ucraína e países veciños ©JRS Rumania

A educación
salva vidas
e protexe.

©Irene Galera