©Irene Galera
©Irene Galera
Cada vez máis persoas vense forzadas a abandonar os seus fogares e países no mundo, sendo moitas delas nenos e nenas que teñen que deixar as súas casas e escolas debido á guerra, a violencia, os desastres naturais ou a pobreza.
Que tome medidas para que todas as persoas poidan gozar do dereito á educación en contextos de emerxencia, refuxio, desprazamento ou calquera outra situación migratoria, asinando a Declaración de Escolas Seguras.
Que adopte mecanismos efectivos de seguimento e denuncia das violacións do dereito á educación en situacións de emerxencia, establecendo responsabilidades concretas para que os Estados investiguen os ataques á educación.
Que respecte e aplique as normas do dereito internacional humanitario destinadas a protexer a educación. Débense adoptar normas e accións para evitar a violencia e o recrutamento de nenos, nenas e adolescentes, mantendo as escolas e universidades libres de calquera uso militar.
Que protexa aos axentes educativos e promova o currículo de paz e dereitos humanos. É necesario crear protocolos de protección para estudantes e docentes en situacións de emerxencia, incluíndo medidas de atención psicolóxica. O currículo debe incluír a perspectiva de xénero, a promoción da paz, a resolución de conflitos, a xestión de riscos e a mitigación e adaptación ao cambio climático.
Cumprir coa Lei de Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global, aumentando o investimento en AOD ata acadar o 0,7% do PIB no ano 2030.
Focalizar os esforzos na axuda á educación básica, asumindo os nosos compromisos nas iniciativas multilaterais existentes e acadando o 8% da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) bilateral.
Incrementar as súas contribucións co porcentaxe de axuda humanitaria á educación ata polo menos o 10%.
Destinar polo menos o 3% do total da AOD á Educación para o Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Global, para avanzar no logro da meta 4.7, prestando atención aos programas que incorporen a educación de persoas refuxiadas e migradas.
Respectar os dereitos humanos nas accións de gobernanza migratoria e nos procedementos de protección internacional, incluído o dereito á educación de todas as persoas migradas e refuxiadas, con especial atención á elaboración do Plan de Implementación do Pacto Europeo de Migración e Asilo.
Asegurar o interese superior da infancia e o cumprimento de todas as garantías nos procedementos migratorios e de protección internacional.
Aumentar o nivel de financiamento e os orzamentos públicos para a educación, especialmente aqueles destinados a garantir a equidade educativa, que impulsen programas de educación compensatoria e que invistan en persoal especializado e formado, así como en programas de apoio.
Adoptar un enfoque de xénero en todas as actuacións exteriores de acción humanitaria e cooperación ao desenvolvemento.
Escribe a túa mensaxe para os nenos e nenas que viven en contextos de guerras e crises, envíanola a info@escuelarefugio.org e compartirémola nas nosas redes sociais.
Descarga os nosos Informes sobre educación en situacións de emerxencia para coñecer máis sobre a situación do dereito á educación en contextos de acción humanitaria e de desprazamento e a importancia da escola como acollida e integración.
A educación é a súa mellor defensa. Polo dereito a unha educación que protexa, coide e constrúa o futuro.
Dinámica de sensibilización, traballo en equipo e reflexión a partir das nosas ‘Escolas Refuxio’ e do seu impacto no mundo.
Aprender en perigo.
Retos para unha educación que protexa e constrúe a paz en contextos de crise.
Escola refuxio, escola que acolle.
Desafíos para garantir a acollida educativa da infancia e a mocidade en mobilidade forzosa.
Escolas que constrúen a paz.
Espazos de protección e garantía dos dereitos dos nenos refuxiados
Escolas que protexen.
A resposta a persoas refuxiadas no Líbano en tempos de pandemia e crise educativa.
©IRENE GALERA