
MÁIS DE 300.000 NENOS E NENAS FORON RECLUTADOS EN GRUPOS ARMADOS DE TODO O MUNDO
En contextos de conflito armado prodúcense graves violacións contra a infancia:
AUMENTA O RISCO DAS MINAS ANTIPERSOA
O incremento dos conflitos armados está poñendo en risco a Convención de Ottawa sobre a prohibición das minas antipersona de 1999 e está facendo que aumente o seu uso e o perigo que supoñen para a infancia. O 85% das vítimas por minas antipersona son civís e o 40% son nenos e nenas. Desde decembro de 2024, máis de 600 persoas, incluídos nenos e nenas, foron asasinadas ou feridas por minas terrestres e restos explosivos de guerra en Siria.
A educación é unha ferramenta de protección, xa que lles proporciona coñecementos e competencias que poden salvar as súas vidas e previr o recrutamento militar. Ademais, é a porta a outros dereitos, especialmente para as nenas.
Desde Entreculturas e Alboan traballamos en países como LÍBANO, R. D. DO CONGO, UCRAÍNA, COLOMBIA, SUDÁN DO SUR ou KENIA, protexendo a infancia refuxiada e afectada por conflitos e emerxencias. Ademais de ofrecerlle axuda de primeira necesidade, poñemos o foco en garantir unha educación de calidade que lles axude a sanar, a protexerse e a que as súas voces sexan escoitadas e respectadas.
©Fe y alegría Colombia / Siria JRS ©Siria / Líbano ©Carmen Moreno / Kenia ©PAULA CASADO / RD del Congo ©Irene Galera /
Ucrania y Países fronterizos ©JRS Rumania
©Natalia Sepúlveda