fbpx
 

©SERGI CÁMARA

Máis de 40 millóns de nenos e nenas no mundo son refuxiados.

Máis de 2 millóns de nenos e nenas fuxiron da guerra de Ucraína a outros países europeos e máis de 1 millón nenos e nenas víronse obrigados a abandonar Venezuela cara a países como Colombia, Perú ou Ecuador.

En Siria, 6,8 millóns de persoas son desprazadas internas e 5,5 millóns son refuxiados en países veciños: a maioría deles son nenos e nenas.

Recuperar o dereito á educación unha vez que chegan aos países ou lugares de acollida segue a ser un reto: case a metade dos nenos refuxiados non están escolarizados.

Algunhas das causas son:
  • A dificultade lingüística
  • La falta de apoyo psicosocial y educativo para poder insertarse en el nuevo sistema educativo
  • A falta de recursos económicos
  • Espazo insuficiente nas escolas de acollida
  • En moitos casos, o profesorado non ten formación para traballar con menores refuxiados e migrantes

É urxente garantir unha educación de calidade, accesible para todos e todas e sen ningún tipo de discriminación. Unha educación que se adapte ás necesidades e situacións de todos os nenos e nenas, especialmente ás daqueles que viven en contextos de emerxencia.

©FE Y ALEGRÍA COLOMBIA

©MARCO GIARRACA / JRS

©FE Y ALEGRÍA COLOMBIA

A escola ofrécelles ferramentas para protexerse; atención psicosocial para superar os traumas e enfermidades ocasionadas pola guerra; alimentación diaria; e un espazo de convivencia, de seguridade e de paz para as súas vidas.

A escola é ACOLLIDA

©Fe y Alegría Colombia