fbpx
 

©FE Y ALEGRÍA COLOMBIA

E ti, queres que as escolas sexan espazos de acollida?

As guerras, a violencia e os desprazamentos afastan a millóns de nenos e nenas da escola, do seu refuxio, do seu espazo seguro.

Pero a educación non debe deterse en ningún caso, nin sequera nunha emerxencia ou desprazamento. Precisamente nestas tan difíciles situacións é fundamental que os nenos e nenas sigan na escola, o lugar que os protexe e os acolle. Debemos seguir defendendo o seu dereito á educación.

1/
Escolle algún papel ou tea que che guste, ou recicla unha revista ou un xornal
2/
Imprime a silueta da Escola Refuxio e recórtaa
DESCÁRGALA AQUÍ
3/
Coloca a silueta da Escola Refuxio no teu papel ou pano, debúxaa ou cálcaa e recorta a túa Escola
4/
Escribe na metade esquerda da silueta a palabra “Escola” e na metade dereita, a palabra “Refuxio”
5/
Coloca a túa escola na túa fiestra ou no teu balcón como símbolo do teu compromiso co dereito á educación
6/
Faille unha foto á túa escola ou ás persoas que fixeron o xesto coas vosas escolas e envíanola por e-mail a ENVÍANOSLA POR MAIL
7/

Tamén podes compartila nas túas redes sociais co cancelo #EscuelaRefugio

8/

Anima a participar aos teus amigos, amigas, familiares e contorno, para que os nenos e nenas refuxiadas saiban que defendemos o seu dereito a continuar coa súa educación aínda en plena emerxencia

Consulta e descarga os recursos para a educación que é acollida.
Escola Refuxio’23.
Unidade didáctica
Escola Refuxio’21.
Unidade didáctica
Máis aló das fronteiras.
Mugeta tik Haratag
Un cole nunha tenda de campaña
Un mundo en movemento
Un mundo en movemento (XOGO)

As nosas Escolas abren fronteiras.

©Carmen Moreno JRS Mena