fbpx
 

Líbano / ©foto KRISTÓF HÖLVÉNYI

A escola é para a infancia ese espazo de paz, protección, inclusión e convivencia.

Xunto co Servizo Xesuíta a Refuxiados (JRS), traballamos en países como Ucraína, Líbano, RD Congo, Tanzania e Colombia.

A educación é clave para favorecer o diálogo ante o conflito, a empatía ante a hostilidade, a aceptación ante o rexeitamento. A educación é fundamental para a creación dunha cultura de paz, para construír un mundo máis xusto e solidario.

Asistindo, protexendo e acompañando a infancia refuxiada e as súas familias e comunidades. Ofrecémoslles atención humanitaria, atención psicosocial, apoio educativo e espazos de xogo e convivencia que lles permitan recuperar a súa rutina e acceder a un futuro digno.

Ucraína e países limítrofes: aulas amigables.

Máis de 5 millóns de persoas víronse xa obrigadas a abandonar Ucraína cara a países veciños como Polonia, Hungría ou Romanía. A metade son nenos e nenas. 

 

Dentro de Ucraína, son máis de 7 millóns as perspas desprazadas pola forza, grande parte delas, nenos e nenas. Desde que comezou a guerra, 22 escolas ao día son atacadas ou utilizadas militarmente, deixándoas sen o seu espazo de xogo, formación e de seguridade.

Dende o primeiro momento activamos o noso protocolo de emerxencia para estar ao seu carón e ofrecerlles atención, acollida e apoio.

Ademais de abrigo, aloxamento e alimentación, traballamos para que sigan tendo acceso á educación, a eses espazos de seguridade e de paz. Por iso desenvolvemos aulas amigables, que son aulas creadas en escolas e garderías dos países de acollida que favorecen a integración da infancia refuxiada ucraniana. Son espazos nos que poden xogar xuntos libremente e que lles achega boa parte de normalidade ás súas vidas. Para iso contamos con nais ucraínas que son profesoras e dedican este tempo voluntariamente. 

 

Con adolescentes e mozos estamos a realizar actividades artísticas de todo tipo como visitas ao zoo, teatro ou cursos de danza e idiomas para facilitar a comunicación e a integración. Acompañamos tamén a docentes dos países de acollida para que poidan xestionar a inclusión dos nenos e das nenas refuxiados. 

 

Tamén animamos e apoiamos os nenos e nenas refuxiados para que poidan seguir as súas clases en Ucraína en liña. Ofrecémoslles conexión a internet e tabletas para que se poidan conectar, así como material escolar e outros materiais.

Romanía / ©foto PILAR LÓPEZ Entreculturas

Romanía / ©foto PILAR LÓPEZ Entreculturas

Ucraína / ©foto PILAR LÓPEZ Entreculturas

Líbano: escolas de paz.

Hai 11 anos que comezou a guerra en Siria, un conflito de devastadoras consecuencias para a poboación, sobre todo para os máis pequenos. Máis de 12 000 nenos e nenas perderon a vida ou sufriron feridas por mor do conflito. En moitas ocasións, os nenos foron vítimas de recrutamento forzoso e as nenas foron obrigadas a caeren en redes de prostitución.

 

A situación da educación no país é dramática. As escolas e universidades foron atacadas repetidamente, 1.584 ata a data, e as taxas de abandono escolar son moi elevadas. A situación nos centros que seguiron funcionando é lamentable: aulas masificadas, pouco profesorado, incapacidade para impartir un ensino adecuado polos traumas do profesorado e do alumnado…

O Líbano ten a peculiaridade de acoller un volume de refuxiados sirios que equivale a unha cuarta parte da poboación do país. A debilidade das infraestruturas e a escaseza de recursos para facer fronte a un fluxo tan importante de refuxiados, as explosións de agosto de 2020 no porto de Beirut, a pandemia de coronavirus e a situación a nivel político, sumiron a boa parte da poboación local, xunto coas persoas refuxiadas, nunha situación de vulnerabilidade que provocou tensións e violencia entre a poboación refuxiada e a poboación de acollida. Máis de 300 000 nenos e nenas refuxiados seguen sen escolarizar. 

 

Desde 2012, xunto co JRS, levamos a cabo programas para a atención e acollida de refuxiados no Líbano. Os nosos programas educativos están enfocados á educación preescolar, educación primaria e apoio escolar tanto en zonas urbanas coma rurais.

 

Traballamos conxuntamente cos menores e as súas familias para facer posible que os nenos e nenas teñan acceso a unha educación de calidade e poidan, na medida do posible, ingresar no sistema educativo libanés. Ademais, traballamos nas comunidades de orixe e nas comunidades de refuxiados para construír a paz e promover a convivencia.

Líbano / ©foto KRISTÓF HÖLVÉNYI

Líbano / ©foto JRS Líbano

Líbano / ©foto KRISTÓF HÖLVÉNYI

Tanzania: escolas que inclúen.

En Tanzania viven 248 523 persoas refuxiadas. O 67,4 % son orixinarias de Burundi mentres que o resto procede da República Democrática do Congo (RDC). O 55 % da poboación total ten entre 0 e 17 anos. Deles, algo máis da metade están matriculados na escola. A guerra, tanto en Burundi como na RDC, privou da escola a 57 142 nenas e nenos.

 

Preguntámonos cantas nenas e nenos hai con algún tipo de discapacidade física ou psíquica nos campamentos de Tanzania. A resposta é que non se sabe. Non hai información oficial. Esta carencia é un dato xa por si mesmo: a discapacidade está ausente nos enfoques laborais dos actores humanitarios nos campamentos de Tanzania.

Xunto co JRS estamos a traballar para facer da educación unha ponte de paz entre a poboación refuxiada e a poboación de acollida.

A partir de 2021, xunto ao JRS traballamos para a inclusión escolar dos nenos e das nenas con necesidades especiais a través da súa identificación, ofrecendo equipamentos axeitados para facilitar a aprendizaxe (lentes, aparellos acústicos, cadeiras de rodas, entre outros), formando o profesorado para que teña as competencias pedagóxicas necesarias e concienciando a comunidade sobre os dereitos das persoas con necesidades especiais.

 

Dende 2022 tamén apostamos por reforzar a educación infantil tanto para a poboación refuxiada como para a comunidade local. Apenas o 21% das nenas e dos nenos desa idade accede á escola infantil, o que limita, de feito, as oportunidades de relacionarse con outras nenas e nenos nun ambiente seguro e protector, desenvolvendo aquelas habilidades sociais necesarias para o seu crecemento e para facer fronte aos traumas consecuencia do desprazamento. 

©foto JRS

©foto Irene Galera / JRS

©foto JRS

RD do Congo: escolas que protexen.

A República Democrática do Congo (RDC) está a vivir unha das crises humanitarias máis grandes e complexas do mundo. É o país con maior poboación desprazada interna do continente africano e está entre os países menos avanzados do mundo, con máis do 82 % da poboación que vive por debaixo do limiar da pobreza absoluta.

 

La violencia persistente desde hace más de 20 años ejercida por los grupos armados ya ha forzado a más de 5 millones de personas a abandonar sus hogares.

Miles de escolas foron destruídas e máis de 2,9 millóns de nenos e nenas necesitan educación urxentemente.

Os nenos son especialmente vulnerables ao recrutamento forzoso por parte de grupos armados e as nenas son moi susceptibles á violencia sexual, tanto na escola coma no camiño á clase, e a seren secuestradas polas distintas milicias para loitar, facer traballos de cociña ou obrigalas a casar con membros de grupos armados.

 

Xunto co JRS, traballamos para promover o acceso á educación dos nenos e das nenas desprazados, ofrecendo especial atención ás nenas. Ofrecémoslles material escolar, kits pedagóxicos e apoio económico para as taxas escolares. A escola non só é un espazo de formación, senón tamén de protección, apoio e convivencia.

RD do Congo / ©foto BÁRBARA GIL Entreculturas

RD do Congo / ©foto BÁRBARA GIL Entreculturas

RD do Congo / ©foto IRENE GALERA Entreculturas

Colombia: escolas de acollida.

Máis de 5,5 millóns de venezolanos abandonaron o país durante as últimas dúas décadas. O 85 % atópase aloxado nos países da rexión, como Colombia, que tenta responder a nivel rexional con esforzos articulados de axuda humanitaria. Non obstante, as cifras son tan grandes que xeraron unha presión insostible sobre os recursos e servizos públicos nacionais. Na fronteira central con Colombia, a cidade de Arauca, cunha poboación de case 90 000 habitantes, conta con case 37 000 refuxiadas venezolanas, o que está a xerar situacións de tensión e conflito.

Ofrecemos atención humanitaria integral para o benestar físico e psicosocial das persoas refuxiadas, distribuíndo bens e servizos esenciais, apoio psicosocial para a curación e orientación xurídica e apoio legal.

Xunto co JRS LAC (Servizo Xesuíta para os Refuxiados en América Latina e o Caribe) traballamos para ofrecer o acceso á educación aos nenos e ás nenas refuxiadas e para reforzar espazos de protección e prevención, tanto nas institucións educativas como a nivel comunitario, que lles permitan afastárense de dinámicas de violencia e seren construtores de paz.

Colombia / ©foto SERGI CÁMARA

Colombia / ©foto SERGI CÁMARA

Colombia / ©foto SERGI CÁMARA

Unha realidade global.

O contexto actual fainos ver, máis que nunca, que todo está conectado. Por iso, en Entreculturas e Alboan apostamos polo local e a súa conexión co global.
Estamos traballando en:

  • A redución da fenda dixital: identificando, dentro dos centros e organizacións cos que traballamos, aos mozos e mozas que carecen de acceso a medios informáticos e xestionando recursos para poder dar resposta.
  • O acompañamento a docentes de Formación Profesional na implementación virtual dun programa de mellora da empregabilidade.
  • O acompañamento psicosocial e educativo a docentes e educadores/as, a través da proposta metodolóxica “Decide Convive: Educación para la Ciudadanía Global en Contexto de Exclusión” e os últimos recursos didácticos “Un mundo de cuento” e “Un mundo en Movimiento”.
  • A xeración de propostas didácticas dirixidas á mocidade baixo o lema “Nuestro Momento es Ahora”, dirixida tanto ás nosas redes xuvenís nacionais como á rede internacional “Red generación 21+”, que conecta mozos de máis de 27 países.
Dende Entreculturas e Alboan seguimos traballando para que a educación siga protexéndoos.

©foto Daniela Morreale

©foto Daniela Morreale

©foto Daniela Morreale

A escola os protexa.

©fotos SERGI CÁMARA